— Presentación

125 vivendas e espazos verdes

Cornes Espacio Residencial é un conxunto formado por 125 vivendas distribuídas en tres edificios e sete alturas, ademais das plantas de soto destinadas a aparcamento. A actuación complétase con de 3.000 m2 de espazos verdes de relación entre os edificios proxectados, ademais dun local de uso infantil, ximnasio e un espazo gastronómico e social para a celebración de reunións e eventos.

As unidades de vivenda inclúen tipoloxías de 1 a 4 dormitorios que se caracterizan pola riqueza espacial derivada do coidado co que se estudaron as relacións entre as distintas estancias que as conforman.

O destino do edificio é exclusivamente residencial, non existindo locais comerciais de ningún tipo.

  • 125 vivendas en 3 edificios
  • 1, 2, 3 y 4 dormitorios
  • Espazo gastronómico e social
  • Ximnasio
  • Local infantil.
  • 28.000m2 superficie construída
  • 3.000m2 superficie axardinada
  • A 500m. da Plaza Roja
  • A 500m. da Estación intermodal
— Localización

En pleno centro urbano de Santiago de Compostela

En pleno centro urbano de Santiago de Compostela, no ámbito de Cornes - Romero Donallo e a tan só 500 metros da Praza Roxa ou da futura estación intermodal.

O desenvolvemento de ARIAL en Cornes, a urbanización da Avda. de Romero Donallo, a nova estación intermodal e a recuperación do río Sar ao seu paso pola zona conformarán o novo espazo urbano máis importante do ensanche de Santiago, con edificios, dotacións e espazos verdes de alta calidade.

Google Maps
— Arquitectura

O conxunto destaca pola súa forza expresiva e pola súa localización privilexiada

— Sustentabilidade
A
B
C
D
E
F
G

Confort interior e baixo consumo de enerxía

— Vivendas

Vivendas

100% Vendido (125 de 125)

— Cociñas

Cociñas con firma

MOBALCO é unha firma de cociñas de recoñecido prestixio internacional que se caracteriza por un produto de alto deseño, respecto ao medio ambiente, materiais nobres e tecnoloxía artesanal.

ARIAL e MOBALCO uníronse neste proxecto para ofrecer aos interesados unhas condicións excepcionais para a adquisición de cociñas da firma.

Máis información aquí

— Espazos

Espazos verdes e Comunitarios

O conxunto dispón de 3.000 m2 de espazos verdes de relación entre os edificios. Para o seu deseño combináronse diferentes niveis, pasarelas, carreiros, espazos con vexetación, e mobiliario de descanso.

Os espazos comunitarios inclúen un local gastronómico e social, ximnasio, local infantil e garda bicicletas.

O deseño dos espazos comunitarios realízase con criterios de baixo custo de mantemento e consumo, e incorporará rega automática e por goteo e iluminación interior e exterior led para conseguir a maior eficiencia enerxética e minimizar os custos comunitarios.

  • 3.000 m2 espazos verdes
  • Local gastronómico e social
  • Ximnasio
  • Local infantil
— Showroom

Showroom

Espazo para a exposición dos proxectos no que se poden comprobar as calidades e acabados dos nosos proxectos. Se desexas visitar o showroom debes solicitar cita previa.

Showroom Arial
Avda. da Liberdade 2 Baixo
Santiago de Compostela

Google Maps