M9 Santa Marta
— presentacion

A fachada organízase a través dunha retícula homoxénea de ocos en toda a súa superficie

Conxunto residencial de 65 vivendas e espazos de lecer común. Edificación sobria e compacta, que se organiza a través dunha retícula homoxénea de ocos en toda a súa superficie. A partir dese ritmo constante, recoñécese a distribución interior das unidades de vivenda mediante pantallas de granito silvestre que se inseren en cada un dos ocos, deixando o resto da súa superficie totalmente aberta e acristalada. Deste xeito confórmanse os grandes lenzos de fachada, no que unha orde xeral se vai matizando, oco a oco, baleiro a baleiro, pola realidade que se esconde detrás de cada un deles.