Foxos

Calificación
Enerxética - A -

Foxos


FOXOS (Sanxenxo - Pontevedra) é unha preciosa praia situada xunto á Ermida da Lanzada, un templo románico do século XII.

Ler máis

A Lanzada é un itsmo que une os municipios do Grove e Sanxenxo formando un espectacular areal de 3 km. cara ao océano Atlántico, fronte á illa de Ons.

As viviendas proxectadas sitúanse dentro dun ámbito cunha superficie total de 25.000 m2, dos cales o 80% dedícanse a espazos libres, viarios e zonas verdes.

Os programas de vivenda inclúen tipoloxías de 2, 3 e 4 dormitorios, desde 90 m2 ata 160 m2 de superficie (sen incluír espazos exteriores, terrazas ou parcelas privadas).

As vivendas agrúpanse en 4 zonas, cada unha das cales dispón dos seus propios espazos comúns privados.

Inicio previsto de construción: outubro 2021
Finalización de construción: decembro de 2023.

Localización


FOXOS está situado no lugar da A Lanzada, un espazo natural fronte ao océano atlántico entre Sanxenxo e O Grove (Galicia).

Arquitectura


A proposta arquitectónica busca a maior diversidade volumétrica posible, escapando de elementos seriados que evoquen solucións máis propias de contornas urbanas. As construcións desenvólvense en altura de forma irregular creando volumes graduados que facilitan a súa inserción na paisaxe e permiten utilizar as cubertas como espazos exteriores das vivendas, aproveitando a privilexiada localización do conxunto e as vistas cara á Ría de Pontevedra.

Ler máis

A composición realízase con tres elementos fundamentais que buscan a mellor integración posible nos fondos escénicos existentes.

Madeira (Thermopine), como pel da construción e celosía de protección solar mediante un sistema de contras practicables.

Formigón visto, nunha serie de voos e celosías que pretenden reforzar a horizontalidade das construcións.

Vexetación, nos espazos libres de parcela e nas cubertas.

Un proxecto Carbajo Barrios

Volumes graduados que facilitan a inserción do conxunto na paisaxe

Foxos - Arquitectura

Sustentabilidade


A compacidade da proposta arquitectónica e o coidado da envolvente permitirá un elevado confort interior e un baixo consumo de enerxía nas vivendas que incorporarán un sistema centralizado de produción de auga quente, calefacción e AC mediante unidades aerotérmicas. O sistema compleméntase con paneis solares fotovoltaicos que fornecerán enerxía ás bombas de calor e a outros servizos comúns que demanden electricidade.

Ler máis

Outros aspectos tidos en conta son un maior aproveitamento da luz natural tanto nas vivendas como nas zonas comúns, a instalación de elementos de protección solar na fachada, sistemas de cerramento e vidro de moi baixa transmisión térmica e materiais de construción que na súa produción respecten o medio ambiente.

As vivendas proxectadas dispoñerán de Cualificación Enerxética A

Certificacion energética

Vivendas


Desde aquí poderás obter información completa das viviendas dispoñibles: planos, prezos, memoria de calidades, etc.

Cociñas


MOBALCO é unha firma de cociñas de recoñecido prestixio internacional que se caracteriza por un produto de alto deseño, respecto ao medio ambiente, materiais nobres e tecnoloxía artesanal.

ARIAL e MOBALCO uníronse neste proxecto para ofrecer aos interesados unhas condicións excepcionais para a adquisición de cociñas da firma.

Showroom


No mes de xullo inauguraremos un Showroom en FOXOS no que se poderán comprobar as calidades e acabados das vivendas.

Inscríbete na promoción e recibirás unha invitación para visitalo.

Foxos - Showroom

Contacto


Solicita unha cita por vídeo ou presencial explicarémosche o proxecto!