Adquirir unha vivenda


Se desexas adquirir unha vivenda só debes completar dous sinxelos pasos:

1. Elección de vivenda. Podes realizar a Elección Online dunha vivenda ao teu nome mediante o pago dun depósito de 5.000 euros por tarxeta de crédito.

Terás un prazo non inferior a 15 días para solicitar o reembolso do depósito, sen condicións nin penalizacións, o cal se realizará de inmediato na túa tarxeta de crédito ou por transferencia no prazo de 3 días hábiles, quedando a Elección da Vivenda cancelada e anulada.

2. Compraventa. Unha vez concedida a Licenza de Obras (actualmente en tramitación), procederase á firma do contrato de compravenda, data na que se reintegrará o depósito inicial de 5.000 euros.

Pagos


Ata a entrega da vivenda ante Notario, non terás que realizar ningún desembolso ou pago a conta á Promotora. No seu lugar, a Promotora realizará unha Pignoración do 25% do prezo da vivenda na túa conta bancaria, pero o diñeiro permanecerá na túa conta en todo momento.

A pignoración é un contrato outorgado ante Notario polo cal se inmobiliza unha cantidade de diñeiro na conta bancaria do Comprador como garantía do cumplimento do contrato de compraventa.

Alternativamente, se non queres realizar a pignoración na túa conta, podes aportar un Aval Bancario pola mesma cantidade. Dispoñerás de condicións excepcionais de Aval negociadas co banco financiador da promoción.

Volver a vivendas