Procedemento para a adhesión e elección de vivenda


Se desexas seleccionar unha vivenda e adherirte á Cooperativa deberás debes completar dous sinxelos pasos:

1) Realizar o seguinte depósito na conta corrente da cooperativa:

Entidade: BANCO SABADELL
Conta: ES80 0081 5363 2900 0113 9315
Titular de C/ C: Alto Residencial, S. Coop. Galega
Importe: 5.000 euros.
Concepto: NOME-APELIDO-DNI (Ex. “JUAN GOMEZ 33274695K”)

2) Asinar a Solicitude de adhesión como Socio da Cooperativa.

A solicitude será remitida ao Consello Reitor da Cooperativa para a súa aprobación e admisión, no seu caso. A cantidade total depositada de 5.000 Euros adquirirá a natureza de Achega Obrigatoria ao Capital Social segundo o previsto nos Estatutos Rexistrados da Cooperativa.

Financiamento a Cooperativas de Achegas ao capital social


Banco Sabadell remitiu á Cooperativa unha oferta para o financiamento aos Cooperativistas das súas achegas ao capital social.

O financiamento, suxeito a estudo e aprobación por parte da entidade, dispón das seguintes condicións:

Tipo interese fixo: 4,50%
Prazo máximo: 8 anos
Comisión apertura: 0,25%
Comisión estudo: 0%
Cancelación anticipada total e parcial: 0%

Prazo de validez de condicións ata 31 decembro de 2019.

Solicita o teu estudo personalizado ao xestor de Banco Sabadell Antonio Saavedra Conde: antoniosaavedra@sabadellgallego.com - 651 874 610

Aportacións ao capital social da cooperativa


Para cada vivenda dispoñible poderás descargar a ficha económica que contén o custo estimado da vivenda, praza/s de garaxe y trasteiro e o plan provisional de aportacións obrigatorias ao capital social.