Conxunto Residencial ARIAL M6 - Arquitectura e medio ambente |
|||
|
Este conxunto residencial utiliza enerxía limpa mediante a instalación de paneis solares térmicos na cuberta para a subministración de auga quente sanitaria e calefacción. Así mesmo, a eficiencia enerxética foi optimizada coa instalación de calefacción mediante solo radiante por auga quente a través de tubaxes ocultas baixo o sollado, de maneira que, ao circular a auga por elas, o solo se quenta, proporcionando unha calor uniforme e confortable en toda a superficie da vivenda. As vantaxes deste tipo de calefacción son múltiples, xa que reduce notablemente o consumo enerxético |
en comparación co sistema tradicional con emisores, sen perda de potencia de calefacción; evita a carbonización do po, tan prexudicial para a saúde, e permite que o deseño de cada espazo non se vexa condicionado pola localización dos radiadores. Outros aspectos tidos en conta son un maior aproveitamento da luz natural tanto nas vivendas como nas zonas comúns, a colocación de elementos de protección solar na fachada para as épocas de maior exposición, a elección de electrodomésticos eco-eficientes e a utilización de materiais de construción que na súa produción respectan o medio ambiente. |
||