Inicio > Residencial M6 > Localización

Conxunto Residencial ARIAL M6 - Localización

A parcela presenta unha excelente localización, xa que está situada na Avenida da Liberdade, no bulevar principal do ámbito de Santa Marta, unha das zonas de desenvolvemento do novo Ensanche-Sur de Santiago, céntrico e con excelentes comunicacións ás principais saídas da cidade.

Esta parcela permite unha edificación exenta, con amplos espazos e vistas en todo o seu perímetro, tanto na súa fachada principal cara ao amplo.

bulevar como na fachada posterior, onde non existen edificacións inmediatas, senón espazos libres, xardíns e áreas deportivas.

A urbanización do ámbito conta con extensas zonas verdes, que ademais conectarán nun futuro próximo coa remodelación integral de Romero Donallo, a través dos actuais parques da Avenida de Ferrol, formando o corredor verde do Ensanche Sur da cidade.

©2008 Arial Desarrollos Inmobiliarios, S.L.

Creación Windsock