Conxunto Residencial ARIAL M6 - Deseño interior |
||||
|
En moitos casos, os baños secundarios dispoñen tamén de dobre seo, en previsión de que poidan ser utilizados por máis dunha persoa. Existen, ademais, aseos naquelas vivendas dúplex onde non hai un baño secundario na planta baixa, para dar servizo á “zona de día”. O pavimento será de gres con acabado mate en ton escuro, igual que o revestimento das paredes, que, dependendo dos casos, poderá ser combinado nalgunhas zonas con pintura plástica lisa de cor branco mate. A auga quente sanitaria e a calefacción son producidas de forma centralizada por unha caldeira de gas, coa contribución adicional dunha |
instalación de paneis solares térmicos na cuberta, o que implica uns beneficios fundamentais como son o aforro enerxético e o emprego dunha enerxía totalmente renovable e respectuosa co medio ambiente. Nos dormitorios o pavimento será de tarima flotante de madeira en ton escuro, en contraste co rodapé e coas paredes, en cor branco mate, igual que o salón. Todos os dormitorios principais das vivendas dispoñen de vestidor, que, como os armarios dos dormitorios secundarios, irán forrados interiormente en madeira laminada e con portas en acabado branco mate. |
|||