Inicio > Residencial M6 > Presentación

Conxunto Residencial ARIAL M6 - Deseño interior

Búscase unha relación moi especial entre a cociña e o salón, de maneira que, sendo estancias independentes, manteñan unha conexión lóxica que impida illar a quen estea na cociña daqueles outros que se encontren reunidos no salón.

As cociñas foron proxectadas e deseñadas en colaboración coa firma Santiago Interiores, e equípanse con mobiliario da prestixiosa marca Santos, incluíndo placa vitrocerámica, campá extractora, forno, microondas, frigorífico e lavalouza totalmente integrado. Existen infografías e planos onde poderá ver o deseño específico de cada cociña.

Introdúcese o concepto de lavandaría como espazo deseñado para cumprir a súa función real de lavado, secado, pasada de ferro e xestión da roupa, evitando así que outras estancias teñan que cumprir esa función.

Para optimizar este espazo, Arial, en colaboración con Santiago Interiores (Santos), inclúe unha proposta de distribución, con mobiliario específico, que se lle presentará a cada cliente.

Os baños tamén son considerados un elemento fundamental, polo que se proxectaron pensando na súa funcionalidade. Todos os baños dos cuartos principais están equipados con dobre seo sobre encimeira e prato de ducha. Así mesmo, polo menos un dos baños secundarios ten bañeira, importante para o coidado de nenos pequenos.

 
 
1
2
3
4
5
 
 
©2008 Arial Desarrollos Inmobiliarios, S.L.

Creación Windsock