Conxunto Residencial ARIAL M6 - Deseño interior |
||||
|
No vestíbulo e distribuidor emprégase pintura plástica lisa de cor branca mate en paredes e teito (como no resto das estancias da vivenda), e acabado tamén en branco na cara interior da porta blindada de entrada e en portas de acceso ás estancias, para conseguir o efecto dun espazo continuo, limpo e luminoso. En toda a vivenda, búscase un contraste acentuado mediante a utilización de pavimentos en tons escuros, tanto na tarima flotante de madeira como no gres, dependendo das distintas zonas da vivenda. |
Os salóns, que parten de dimensións xenerosas, adquiren un gran volume grazas á formación da fachada, con vidro en toda a súa altura. No caso das vivendas dúplex, esta estancia resulta espectacular porque aproveita a singularidade da cuberta, con alturas de ata cinco metros. As vivendas dúplex inclúen a preinstalación de aire acondicionado, situando distintas tomas na vivenda que permitan, de ser o caso, colocar unidades interiores conectadas a unha toma para a unidade exterior que se instalaría na cuberta. |
|||