Inicio > Residencial M6 > Presentación

Conxunto Residencial ARIAL M6 - Deseño interior

O mesmo criterio se aplica aos núcleos de ascensores, onde se proxectou un lucernario continuo desde a planta primeira ata a cuberta, un espazo que lles dá amplitude e luz natural a unhas zonas que adoitan caracterizarse por seren espazos pechados e lúgubres.

Nas zonas de comunicación entre vivendas atoparemos unha perspectiva colorista, destacando a entrada de cada vivenda mediante a iluminación e a cor dos materiais, que logran un singular efecto estético.

Para a súa comodidade e seguridade, o sistema de iluminación dos portais e descansos de ascensores é automático e permite ter estas zonas iluminadas segundo se transite por elas.

No interior das vivendas, o vestíbulo busca unha relación directa e fluída co salón, evitando que este se converta nun espazo compartimentado.

Proxéctase un elemento de vidro para a división e acceso ao salón, que permite esa continuidade e luminosidade sen perda de intimidade.

 
 
1
2
3
4
5
 
 
©2008 Arial Desarrollos Inmobiliarios, S.L.

Creación Windsock