Conxunto Residencial ARIAL M6 - Deseño exterior |
|||
|
Como se avanzou anteriormente, a fachada componse de dous elementos principais: o vidro, xa sexa transparente, translúcido ou opaco, e macizos verticais e horizontais, logrando un efecto sólido e de estética vangardista, eficiente en relación coa luminosidade e protección solar, así como para manter privacidade nas vivendas. |
Na zona privada exterior do edificio encontrará unha área de máis de 1.300 m2 dedicados a unha zona de piscina e solario pavimentado con madeira, zonas verdes, zona de xogo de nenos e, mesmo, unha área parcialmente cuberta para celebracións e actos. |
||