Conxunto Residencial ARIAL M6 - Arquitectura e deseño |
|||
|
Os arquitectos Manuel Carbajo e Celso Barrios conseguiron fusionar as necesidades dunha promoción residencial cunha imaxe afastada dos canons habitualmente utilizados. Para iso, deseñan unha fachada fragmentada, compondo un crisol de macizos e transparentes, claros e escuros, onde destaca o emprego do vidro. En cuberta proxéctase a continuidade da fachada, cos mesmos materiais, aperturas e acabados, xirando ata o punto en que a pendente da cuberta se converte en forxado de teito e se maciza. |
Exteriormente resulta sumamente atractiva, xa que se evita o clásico corte fachada-cuberta; pero é no interior onde nos permite gozar de espazos únicos con salóns a dobre altura parcialmente acristalados que dotan as vivendas dúplex dun singular efecto de vivenda unifamiliar. Así, atopámonos cun edificio de vidro, matizado por placas verticais e horizontais, que, lonxe de buscar unicamente unha función estética, foron coidadosamente proxectados para crear unha malla de protección solar na época estival e que non impida a entrada do sol no inverno cando a súa inclinación é maior. |
||