Cornes espacio resindencial

125 vivendas e
espazos verdes

Calificación
Enerxética - A -
(Emisións CO2)

Cornes espacio residencial


Cornes Espazo Residencial é un conxunto formado por 125 vivendas distribuídas en tres edificios e sete alturas, ademais das plantas de soto destinadas a aparcamento. A actuación complétase con de 3.000 m2 de espazos verdes de relación entre os edificios proxectados, ademais dun local de uso infantil, ximnasio e un espazo gastronómico e social para a celebración de reunións e eventos.

As unidades de vivenda inclúen tipoloxías de 1 a 4 dormitorios que se caracterizan pola riqueza espacial derivada do coidado co que se estudaron as relacións entre as distintas estancias que as conforman.

O destino do edificio é exclusivamente residencial, non existindo locais comerciais de ningún tipo.

125 vivendas en 3 edificios 1, 2, 3 e 4 dormitorios Espazo gastronómico e social Ximnasio Local infantil. 28.000 m2 superficie construída 3.000 m2 superficie axardinada A 500m. da Praza Roxa A 500m. da Estación intermodal

Localización


En pleno centro urbano de Santiago de Compostela, no ámbito de Cornes - Romero Donallo e a tan só 500 metros da Praza Roxa ou da futura estación intermodal.

O desenvolvemento de ARIAL en Cornes, a urbanización da Avda. de Romero Donallo, a nova estación intermodal e a recuperación do río Sar ao seu paso pola zona conformarán o novo espazo urbano máis importante do ensanche de Santiago, con edificios, dotacións e espazos verdes de alta calidade.

Arquitectura


A parcela é unha extensa plataforma de orientación privilexiada na que as zonas verdes se conciben a distintos niveis, o que permite unha adecuada comunicación e relación veciñal, dotando ás plantas baixas dunha gran riqueza espacial. Desde este cimento xorden os volumes que albergan as vivendas, orientadas á luz e á paisaxe próxima, matizados por unha malla de formigón coloreado en tons terracota que os distingue entre o tecido preexistente e os protexe do soleamiento directo. Este cerramento combina elementos rotundos e regulares co movemento gradual en conxuntos de dúas plantas, suavizando a súa rotunda xeometría. Todas as vivendas contan con espazos exteriores vinculados a salóns e cociñas, posibilitando unha maior relación visual co ensanche e os parques circundantes. O conxunto destaca pola súa forza expresiva e pola súa localización privilexiada, converténdose en referente da nova fachada sur da cidade.

Eficiencia enerxética


Os edificios alcanzarán a Cualificación Enerxética A (Emisións CO2). As necesidades enerxéticas cubriranse na maior parte mediante un sistema centralizado de produción de auga quente sanitaria e calefacción mediante Aerotermia.

A eficiencia enerxética resulta favorecida coa instalación de calefacción por chan radiante a baixa temperatura, proporcionando unha calor uniforme e confortable en toda a superficie da vivenda, maior aproveitamento da luz natural -tanto nas vivendas como nas zonas comúns-, a colocación de elementos de protección solar na fachada para as épocas de maior exposición, a instalación de sistemas de cerramento e vidro de baixa transmisión térmica e materiais de construción que na súa produción respecten o medio ambiente.

Vivendas


Desde aquí poderás acceder ás vivendas dispoñibles e a memoria de calidades.

Cornes Espacio Residencial - Viviendas 02

Espazos verdes e Comunitarios


O conxunto dispón de 3.000 m2 de espazos verdes de relación entre os edificios. Para o seu deseño combináronse diferentes niveis, pasarelas, carreiros, espazos con vexetación, e mobiliario de descanso.

Os espazos comunitarios inclúen un local gastronómico e social, ximnasio, local infantil e garda bicicletas.

O deseño dos espazos comunitarios realízase con criterios de baixo custo de mantemento e consumo, e incorporará rega automática e por goteo e iluminación interior e exterior led para conseguir a maior eficiencia enerxética e minimizar os custos comunitarios.

3.000 m2 de espazos verdes Local gastronómico e social Ximnasio Local infantil

Cociñas


MOBALCO é unha firma de cociñas de recoñecido prestixio internacional que se caracteriza por un produto de alto deseño, respecto ao medio ambiente, materiais nobres e tecnoloxía artesanal.

ARIAL e MOBALCO uníronse neste proxecto para ofrecer aos interesados unhas condicións excepcionais para a adquisición de cociñas da firma.

Showroom


Espazo para a exposición dos proxectos no que se poden comprobar as calidades e acabados dos nosos proxectos. Se desexas visitar o showroom debes solicitar cita previa.

Showroom Arial
Avda. da Liberdade 2 Baixo
Santiago de Compostela.

Contacto


Chámanos, envíanos un email ou visítanos!

Cornes

Espazo
Residencial