Procedemento para a adhesión e elección provisional de vivenda


Se desexas adherirte á Cooperativa e seleccionar provisionalmente unha vivenda debes completar tres sinxelos pasos:

1. Deberás obter un posto de elección provisional de vivenda mediante a realización do seguinte depósito na conta da cooperativa:

Entidade: DEUTSCHE BANK
Conta: ES66 0019 0443 1740 1003 3145
Titular de C/C: Alto Residencial, S. Coop. Galega
Importe: 1.000 euros.
Concepto: NOME-APELIDO-DNI (Ex. “JUAN GOMEZ 33274695K”)

O teu posto de elección provisional virá determinado pola orde dos ingresos na conta corrente consignada. Este depósito é reembolsable en calquera momento, mesmo se decides non seleccionar vivenda e non solicitar a adhesión como Socio da cooperativa.

2. Se unha vez avaliadas as vivendas, o proxecto cooperativo, os estatutos sociais, os custos estimados, o plan de achegas obrigatorias ao capital social e os seus condicionantes, desexas acudir ao proceso de elección provisional dunha vivenda, deberás realizar un segundo depósito:

Entidade: DEUTSCHE BANK
Conta: ES66 0019 0443 1740 1003 3145
Titular de C/C: Alto Residencial, S. Coop. Galega
Importe: 4.000 euros.
Concepto: NOME-APELIDO-DNI (Ex. “JUAN GOMEZ 33274695K”)

Este depósito é reembolsable en calquera momento, mesmo se decides non seleccionar vivenda e non solicitar a adhesión como Socio da cooperativa.

3. Para realizar a elección provisional dunha vivenda deberás solicitar a adhesión como Socio da Cooperativa. Unha vez autorizada a adhesión polo Consello Reitor, a cantidade total depositada de 5.000 Euros adquirirá a natureza de Achega Obrigatoria ao Capital Social, non reembolsable, todo iso segundo o previsto nos Estatutos Rexistrados da Cooperativa.

Aportacións ao capital social da cooperativa


Para cada vivenda dispoñible poderás descargar a ficha económica que contén o custo estimado da vivenda, praza/s de garaxe y trasteiro e o plan provisional de aportacións obrigatorias ao capital social.

Financiación a Cooperativas das Achegas ao capital social


ABANCA e BBVA remitiron á Cooperativa senllas ofertas para o financiamento aos Cooperativistas das súas achegas ao capital social.

O financiamento, suxeito a estudo e aprobación por parte da entidade, permite aos Cooperativistas financiar ata o 60% das achegas previstas.

Oferta BBVA
3,90% Tipo Fixo (4,04% TAE)
Importe: ata 60% das achegas
Prazo: ata 8 anos
C. apertura: 0,25%
C. cancelación: exenta

Solicita o teu estudo personalizado na oficina BBVA Santiago Senra 3-5 ou contacta con María Pena Aneiros: maria.pena@bbva.com - 629 039 158

Oferta ABANCA
Tipo Fixo:
4,00% Tipo fixo (TIN)
Importe: ata 50.000 euros
Prazo: 42 meses
Apertura: 0,50%
Dispoñibilidade: 0,40% trimestral

Tipo Variable:
Euribor 12 meses + 4,50%. (12 primeiros meses 4,50%)
Importe: ata 50.000 euros
Prazo: ata 8 anos
Apertura: 0,50%

Solicita o teu estudo personalizado na oficina ABANCA Praza Roxa 5, ou contacta con Rubén Arnoso Rey: rarnoso@abanca.com - 648 225 162.