Inicio > Grupo ARIAL > Empresa

Grupo ARIAL - Filosofía

Orixe

A orixe do Grupo ARIAL atópase nun grupo empresarial dedicado inicialmente ó sector da madeira.

Ó longo de 30 anos, esta empresa familiar evolucionou cara o desenvolvemento do seu patrimonio inmobiliario, xerando unha empresa sólida, diferenciada e dinámica, o Grupo ARIAL.

En ARIAL sabemos que a actividade da edificación causa unha forte transformación no contorno en que vivimos, repercutindo directamente na nosa calidade de vida. Por este motivo, en cada unha das nosas actuacións dámoslle un trato preferente ao xeito en que esa transformación se produce.

Existe unha crecente preocupación polo papel decisivo que representan o urbanismo e a ordenación do territorio na configuración do noso contorno. Por iso, desde os seus inicios, ARIAL ten entre os seus compromisos o de incorporar estas cuestións ao modo en que se deseñan e constrúen as súas actuacións residenciais.

A adquisición dunha vivenda é unha decisión importante, e non soamente por factores económicos. Para ARIAL, a vivenda debe mellorar a nosa calidade de vida, pero tamén dar valor engadido e enriquecer o noso contorno máis próximo.

Cremos nunha construción responsable e nun enfoque contemporáneo á hora de deseñar todas e cada unha das nosas vivendas; atractivas, eficientes, funcionais e duradeiras

©2008 Arial Desarrollos Inmobiliarios, S.L.

Creación Windsock