Actualidade |
||||
|
14.01.10 | ||||
|
A firma alemá TECHNAL, especializada en solucións de aluminio para a arquitectura, será a encargada da fabricación dos sistemas de fachada e cuberta do edificio ARIAL M6. Este sistema conta con elevadas prestacións térmicas e acústicas. Ademais é un sistema con folla e bisagras ocultas, o que permite unha estética exterior e interior coidada. Outra novidade é que as fiestras practicables en cuberta contarán con apertura motorizada. |
O sistema UNICITY será combinado coa instalación de vidros da firma SAINT GOBAIN. SGG PLANISTAR é un produto de illamento térmico reforzado e control solar, que permite unha transmisión térmica tres veces menor que un vidro Climalit normal. Todos os vidros son laminados de seguridade na cara interior. Nos vidros de cuberta a protección térmica vese reforzada con gas “argón" na cámara interior. |
|||