Actualidade |
||||
|
17.11.08 | ||||
| O pasado mes de xuño ARIAL comezaba a execución da primeira fase da obras do Conxunto Residencial ARIAL M6 en Santiago, consistentes nos traballos de escavacións e cimentación. Neste tempo foron extraídas 60.000 toneladas de terra, e executados 3.000 metros cadrados de muros perimetrais dos sotos do edificio, cunha profundidade de ata 16 metros desde a cota da calle. Rematadas tamén as zapatas da edificación, comezará a segunda fase |
das obras, a estrutura, que se prolongará durante 10 meses. A estrutura do Conxunto Residencial ARIAL M6 caracterízase por estar executada na súa maior parte mediante o sistema de “laxa maciza”. Fronte ao sistema tradicional de forxado unidireccional de vigueta e bovedilla, a laxa maciza con canto de 25 cm. mellora sensiblemente o illamento acústico e permite unha maior altura entre plantas.
|
|||