Inicio > Grupo ARIAL > Actualidade

Actualidade

Outros elementos de actualidade

30.06.2011
ARIAL lanza unha Cooperativa de 81 vivendas nos terreos do antigo Hospital Xeral, en Galeras

06.04.2011
¿Queres visitar o edificio?

29.11.2010
El Corte Inglés

03.06.2010
Vivenda piloto

01.02.2010
Elección da firma de grifería GROHE (...)

14.01.2010
A fachada do CONXUNTO RESIDENCIAL ARIAL M6 incluirá o sistema UNICITY de TECHNAL e vidros térmicos SGG PLANISTAR (...)

12.02.2009
O proxecto ARIAL M6 destacado nas principais publicacións de arquitectura internacionais (...)

17.11.2008
ARIAL remata a fase de escavación e cimentación do CONXUNTO RESIDENCIAL ARIAL M6 (...)

07.08.2008
ARIAL e CAIXANOVA acordan o financiamento do CONXUNTO RESIDENCIAL ARIAL M6 (...)

11.06.2008
ARIAL comeza a execución das obras do conxunto residencial Arial M6 (...)

10.04.2008
ARIAL inaugura en Expovivenda un stand integramente dedicado á mostra do Conxunto Residencial Arial M6 (...)

Abril 2008
Presentación do proxecto en Galiespacio.

13.04.08
El Correo Gallego. Arial presenta un singular conxunto residencial (...)

28.03.08
ARIAL participará na vindeira edición de Expovivenda'08 que terá lugar en Santiago de Compostela (...)

19.03.08
La Voz de Galicia. O concello concede licencia ó Grupo Arial para (...)

30.06.11
ARIAL lanza unha Cooperativa de 81 vivendas nos terreos do antigo Hospital Xeral, en Galeras

Detrás do antigo Clínico e a 200 metros da praza do Obradoiro.

ARIAL formalizou un acordo de opción de compra coa sociedade Galeras-Entrerríos S.L., propietaria da parcela 1 do ámbito OE-5 de Galeras, para a súa adquisición e posterior construción en réxime de cooperativa de vivenda libre.

O proxecto prevé vivendas de 57 a 165 metros cadrados construídos. Así mesmo, contará con 162 prazas de garaxe. O edificio disporá de varias alturas, ata un máximo de seis plantas máis baixo cuberta, o que permitirá gozar aos seus futuros propietarios de excelentes vistas da cidade vella.

A previsión é que a construción comece durante o mes de Abril do próximo ano 2012, e a finalización no último trimestre de 2014.

O proxecto cumprirá os canons do produto de ARIAL, é dicir, arquitectura contemporánea e vivendas e interiores

singulares, aínda que o seu deseño tratará de manter un diálogo coa súa contorna, o casco histórico, sen esquecer que o edificio estará a pouco máis de 100 metros do Hostal ou do Convento de San Francisco.

ARIAL actuará como xestor integral da cooperativa, ao servizo dos intereses dos cooperativistas. Esta será unha das actuacións residenciais máis singulares e privilexiadas dos próximos anos en Compostela. Esta oportunidade en réxime de cooperativa fará que os seus custos poidan ser ata un 30% inferiores aos prezos de mercado da zona.

Se desexas obter máis información, planos e imaxes do futuro edificio podes visitar o espazo web da Cooperativa Galeras Entrerríos

Se desexas ser membro da futura cooperativa,ou obter máis información, contacta connosco

©2008 Arial Desarrollos Inmobiliarios, S.L.

Creación Windsock